Xusto entre a mundialmente recoñecida Catedral e o céntrico parque da Alameda, o Hostal Alfonso é un dos máis familiares e acolledores hostais da zona vella. Situado nun edificio tradicional restaurado, cuxo orixe resulta difícil de datar sendo con toda seguridade anterior o século XVII, dispón de seis cuartos diferentes que permiten transmitir a personalidade dun establecemento desas dimensións.
O trato da casa sinxelo rodea ao viaxeiro ou ao peregrino que logo deixa de ser un cliente para transformarse nun nome propio. O salón social e un encantador patio tradicional completan as instalacións deste inmoble compostelán.
A Rúa do Pombal é unha céntrica rúa santiaguesa que goza dun privilexiado panorama da Capital Galega. A súa localización permite contemplar a Catedral, o Pazo de Raxoi, o Colexio de San Xerome, o Parador de Santiago "Hostal dos Reis Católicos" antigo Gran Hospital Real, o Pazo de Fonseca, as torres da Igrexa de San Francisco, a igrexa de San Fructuoso, a Facultade de Medicina e Odontoloxía, o Paseo da Ferradura, e os tellados do mosteiro de San Martín Pinario, do edificio de Correos e das rúas máis próximas á Praza do Obradoiro.
Ademais é unha das rúas que nacen do eixo central da cidade, a Porta Faxeira, lugar onde inicia o Parque da Alameda e a zona comercial, a Rúa do Franco famosa polos seus Restaurantes e a Rúa da Senra que termina na Praza de Galicia, onde se sitúa a parada máis próxima ao Hostal do autobus do aeroporto.

O cliente dispón de aparcadoiro concertado por un prezo de 14,75 euros as 24h no aparcadoiro "a Catedral" e de 16,30 euros as 24h no "San Clemente". É necesario selar o ticket na recepción do Hostal. Para sair e aparcar de novo debe cambiar o ticket previamente na recepción do aparcadoiro.
Existe unha líña de autobuses que une o aeroporto coa Praza de Galicia e ten parada en diferentes puntos do núcleo urbano: O Pazo de congresos, a Rúa de San Lázaro, a Estación de autobuses, a Estación de ferrocarril ou a Rúa da Rosa entre outros.
A temporada alta corresponde aos meses de Xullo e Agosto.
A temporada media alta corresponde ao mes de Xuño e Setembro.
A temporada media corresponde ao mes de Maio e Outubro e inclúe Semana Santa.
A temporada media baixa corresponde ao mes de Abril.
A temporada baixa corresponde aos meses de Marzo, Novembro e Decembro.
| ALTA | M. ALTA | MEDIA | M. BAIXA | BAIXA |
| 90,00 € | 85,00 € | 80,00 € | 70,00 € | 60,00 € |
| 55,00 € | 55,00 € | 55,00 € | 50,00 € | 45,00 € |
Tódolos cuartos teñen baño propio, dispoñen de calefacción e wifi gratis e están equipadas con televisión LCD, secador de pelo e kit de baño. Ademais é posible imprimir calquera documento que necesite na recepción do hostal.
O almorzo, que está incluido no prezo do cuarto, consta de: pan artesanal, madalenas, mini croissants, mel, zume de laranxa, tomate, embutido, manteiga, mermelada de amorodo e pexego, aceite de oliva, tostadas, ovos fritos e café, leite, infusións, cacao e chocolate.
Para facer efectiva unha reserva necesitase un número de tarxeta VISA coa súa data de caducidade. Non se lle cobrará nada ata que se marchen do hostal, salvo que non veñan e non avisen cunha semana de antelación. Neste caso cobraríaselle o primeiro día reservado. É posible cancelar a reserva dentro do prazo permitido sen custe algún.
Se non desexan enviarnos o número de tarxeta terían que realizar un xiro postal polo importe do primero día reservado.
Número de Teléfono:
Enderezo de email:
Enderezo:
Rúa do Pombal nº40, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña